Os Bancos de recursos son lugares onde existen arquivados e clasificados determinados tipos de ficheiros.
Neste caso os enlaces seguintes vannos levar a Bancos de recursos especializados en arquivos de son e música, estupendos para utilizar nas nosas producións dado que son de dominio libre, isto é, que se poden usar de balde.
Banco de Recursos do Ministerio de Educación e Ciencia (MEC), repleto de imaxes, vectores, sons, vídeos,...
FindSound. Extenso buscador de sons
Soungle. Unha extensa colección de sons de todo tipo. É interesante facer as búsquedas en español, pero tamén en inglés, porque é un banco de recursos internacional.
Sonidos Gratis. Portal sudamericano con sons gratuítos. Non é moi extenso e incorpora publicidade, pero é unha mostra máis do que podedes atopar na rede sen demasiado esforzo.
Música
En numerosas ocasión vémonos na necesidade de engadir música ós nosos traballos ou producións, e a tentación de empregar melodías de actualidade ou dos nosos grupos favoritos é moi alta, pois ó fin e o cabo, é a música que nos gusta.
Nambergantes, dita música está practicamente sempre suxeita a unha serie de dereitos que protexen a propiedade intelectual, o que nos obrigaría a pagar unha serie de costas ou royalties, ou mesmo a ser denunciados, se difundimos a nosa creación.
Iso sucede porque os artistas están protexidos por unha serie de entidades de xestión dos dereitos de autor, como a arquicoñecida SGAE, que se encargan de rastrear os eventos provistos de música para asegurarse de que pagan as taxas correspondentes.
A mellor solución para evitar estas cousas é utilizar música libre de dereitos de reprodución. No mundo hai milleiros de músicos, a veces de gran talento, que non están vinculados a discográficas ou simplemente teñen o interese de distribuír a súa música libremente e cobrar polas actuacións en directo.
As licencias que cobren estas músicas van dende cobros realmente simbólicos a acordos copyleft ou creative commons.
Vale moito a pena bucear un pouco en busca de temas musicais que non teñen nada que envidiar ós que xa coñecemos. e de paso nos culturizarmos musicalmente un pouco máis.
Algunhas direccións populares dende onde comezar a buscar son as seguintes.
JAMENDO A páxina en castelán máis popular. Trátase dun portal especializado en música onde os artistas, moitos deles de grande talento pero sen o apoio dunha discográfica, presentan e comparten os seus traballos.
FREE PLAY MUSIC Ten artistas e tamén efectos de son.
ROYALTY FREE MUSIC Aquí os músicos regalan mostras de pouca calidade e cobran prezos simbólicos (para unha produtora, claro) por usar os seus temas.
ROYALTY FREE KINGS Un sitio con música sinfónica (sen voces) realmente espectacular e clasificada por temas. Podes usar plug-ins como o videodownloadhelper paradescargar as cancións, sempre que non haxa afán de lucro.
lunes, 27 de abril de 2015
martes, 21 de abril de 2015
miércoles, 8 de abril de 2015
PracTICa 16: Anímate con GoAnimate
Esta semana imos xogar co GoAnimate, un servicio web que nos permitirá facer debuxos animados nun periquete, e incluso tunear a unha personaxe para que se pareza a nós.
Ainda que está en inglés, é moi intuitivo e visual, en ten moreas de opcións.
Os resultados pódense publicar na rede ou directamente nalgúns dos máis populares servizos de comunidade, como Facebook e similares.
Hay que rexistrarse para poder utilzalo, o que requerirá que usedes a conta de correo electrónico que creádeches para a asignatura en gmail.
Accedede dende eiquí: GoAnimate
Podedes atopar máis información sobre a aplicación e tutoriais na rede tecleando "goanimate" no teu buscador favorito.
Presentación by Pascual on GoAnimate
A tarefa.
O que tendes que facer é redactar un traballo para unha das asignaturas que cursades, utilizando en vez da narrativa habitual unha animación feita co GoAnimate.
Por exemplo, en Economía podedes explicar os dereitos do traballador, ou en Música a vida de tal compositor, ou os pasos que ten unha sinfonía, ou en Grego podedes falar das declinacións,etc... as posibilidades son infinitas.
Antes de acometer o proxecto, tendes que explicarme o que queredes facer para ver se é viable. Lembrade que se trata dun traballo de primeiro de bacharelato, circunscrito ó contexto do instituto, polo que deberedes coidar tanto a linguaxe empregada (palabrotas non) como a ortografía.
Ah, sería interesante que o traballo sexa visto tamén polo profesor encargado da asignatura en cuestión. O ideal sería que fose por si mesmo un traballo como calquera outro que facedes a cotío, puntuable e todo iso,... pero supoño que moitos profesores non están preparados aínda para o multimedia, ainda que quizá nos sorprendería.
Por último, insistir en que coidedes a calidade do traballo, sen copias descaradas da primeira referencia que atopades no google, e coa suficiente profundidade para que non pense que en realidade isto é 5ª da ESO.
Veña, sorprendédeme. Adiante coa creatividade ;)
Un exemplo chorras: Ryu vai á sauna
Ryu va a la sauna by Pascual on GoAnimate

miércoles, 25 de marzo de 2015
O Xogo da Semana: Disaster Will Strike
Unha plaga de malévolos OVOS asola o reino Flash.
Só tí, coa axuda de desastres naturais, poderedes poñerlle fin.
Só tí, coa axuda de desastres naturais, poderedes poñerlle fin.
miércoles, 4 de marzo de 2015
PracTICa 15: WIX, unha ferramenta para facer e hospedar webs
WIX é unha ferramenta que vos permitirá facer páxinas web aproveitando plantillas predeseñadas que xa trae, un pouco como fixemos con Blogger e o blog, pero máis completa.
Podemos facer os nosos deseños en FLASH ou HTML5, que é a incorporación máis recente.
Un exemplo de páxina feita en Wix pode ser a da asociación animalista Vox Anima.
Podemos facer os nosos deseños en FLASH ou HTML5, que é a incorporación máis recente.
Un exemplo de páxina feita en Wix pode ser a da asociación animalista Vox Anima.
viernes, 27 de febrero de 2015
O Xogo da Semana: Collider e Rolling Home
Ola.
Preséntovos o máis complicado de todos os xogos: Collider.
Nel deberás dispor as esferas negativas e positivas de xeito que ó chocar entre elas se anulen. Ganas o xogo cando non quede ningunha no escenario.
Ás veces o escenario é móbil, con interruptores que accionan mecanismos. Se eres quen de completalo, poderás considerarte un mestre dos xogos flash. (a min costoume un bo cacho a partir do nivel 15)
Sen máis. O grande reto.
_______________________________________________________________________________________ Rolling Home (Home é fogar en inglés, non a persoa de sexo masculino) é un xogo de físicas onde pulsando sobre os obxetos os faremos sensibles ás forzas do rozamento, gravidade, etc.
Recolle as estrelas e fai que o bicho redondo caia en casa.

martes, 24 de febrero de 2015
Google Fight!
Preséntovos a plataforma onde se darán as máis cruentas e sanguiñolentas batallas na loita por averigüar qué palabra foi máis veces escrita na rede.
Pon dúas palabras e comproba cal é máis numerosa. ¿Cantas veces aparece o teu nome en google?
A batalla pola popularidade en internet, acaba de comezar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)