lunes, 15 de diciembre de 2014

O Xogo da Semana: SUGAR, SUGAR

Despois de tanto traballar co GIMP, imos a tomarnos unha pequena pausa botando unha partidiña, pero como isto é un Instituto e non unha sala de xogos imos a divertirnos cun xogo que nos axude a desenvolver a compresión das leis físicas, a paciencia e a destreza mental.

Nesta ocasión presentamos SUGAR, SUGAR, un xogo baseado no uso de física de dinámicas e de partículas no que poderemos debuxar co rato unha serie de liñas sobre as que resbalarán centos de grans de azucar que caen da punta da coma que separa as letras "Sugar, sugar" (azucar, azucar).

Este xogo foi elexido polos compañeiros do ano pasado como "Mellor Xogo de Tic do ano"

A nosa misión será levar os grans de azucar ata as tazas, que se irán enchendo a medida que diminúa o seu número (a relación de grans que absorbeu). Tamén poderemos colorealos facendoos atravesar unhas barreiras de enerxía.

Este xogo require certa paciencia e habilidade de planificación.

Adiante. Serás quen de rematalo? Queres unha taza de azucar?

EXTRA:

Especial SUGAR, SUGAR NAVIDAD.

miércoles, 3 de diciembre de 2014

PracTICa 11: GIMP Planetoide



Utilización do filtro de coordenadas polares do Gimp para simular un planetoide a partir dunha paisaxe panorámica.

1.- Collemos unha foto panorámica coidando ben que exista un primeiro plano se demasiado detalle, un plano medio no horizonte e un fondo (de nubes, estrelas ou o que sexa). É importante imaxinar que a foto vai a encaixar o lado esquerdo co lado dereito, como se fixésemos un tubo cunha fotografía, e que os bordes coincidan ó máximo.

2.- Imos a Capa>Transformar>Desplazamento e desplazamos a imaxen no eixo X, que corresponde co horizontal, un número de píxels apropiado. Se a nosa foto mide 2000 px de ancho, podemos desplazala 1000 px, por exemplo. A idea é que a "costura" entre os bordes da foto sexa visible e traballable.

3.- Alternando o uso de pincel de sanear e o tampon de clonar, pulimos a costura ata facela desaparecer.

4.- Convertimos a foto en cadrada, aumentando o lado máis pequeno de forma que coincida con lado maior. Iso faise en Imaxe>Escalar a Imaxe. Temos que ter en conta que hai que romper o eslabón da cadea que mantén as proporcións.

5.- Dámoslle a volta á imaxe. Unha forma sinxela de facelo é rotándoa 180º, cousa que podemos facer por exemplo dende Imaxe>transformar>rotar 180º
NOTA IMPORTANTE: Se queremos, podemos saltar este paso, pero entonces teremos que desmarcar a casilla "Mapear dende arriba" no filtro do seguinte paso.

6.- Aplicamos o filtro de coordenadas polares, que é o terceiro do menú Filtros>Distorsións>coord polares.

7.- Xa casi está, agora só queda pulir a imaxe, enchendo os ocos cun fondo consistente.

8.- Adicionalmente, teredes que usar unha foto invertindo o efecto das coordenadas polares, de xeito que o ceo quede no interior do círculo, por exemplo, cun grupo de persoas.


Tamén podedes ver o videotutorial que fixen para explicar o efecto




miércoles, 26 de noviembre de 2014

Recursos gráficos gratuítos na rede

Open Clip Art Gallery. Un sitio web que contén unha inxente cantidade de deseños e gráficos vectoriais ofrecidos de forma libre pola e para a comunidade. O formato no que están os deseños é o formato libre SVG.

 Banco de Imaxes e Sons. Un espacio web do Ministerio de Educación e Ciencia que nos ofrece miles de imaxes vectoriais e de mapa de bits (asemade, sons e incluso vídeos) libres de dereitos de autor para que poidades empregar do xeito que máis os guste.

De logo a logo. Manual sobre o uso de Inkscape e centrado sobre as súas posibilidades no campo do deseño de logotipos realizado por Joaclint Istgud.

Brandnew. Páxina en inglés que amosa os cambios nos deseños dos logotipos de innumerable empresas, grupos, comercios, etc... ó longo do tempo.

Brands of the World. Páxina en inglés que recolle innumerables logotipos de marcas de todo o mundo. Se presentan vectorizadas e listas para usar.

Os 10 mellores logotipos nunha banda de rock segundo a revista Rolling Stone.

Vectors for Free. Unha extensa colección de imáxenes vectoriais gratuítas para empregar nas vosas creacións. En inglés.

Logotypes. Outra páxina repleta de logotipos das principais marcas do mundo. É unha páxina rusa, pero poño o enlace á súa versión en inglés. Xa ten os seus anos.

LETRAMANIA. Miles de tipos de letra para descargar de forma gratuíta. ___________________
Más índices:
También puedes probar en:

Yotophoto Free photos search engine

PracTICa 10: Gimp; Clons, Paso alto, Lightpainting


CLONS










Clons: Colle e combina as tres fotos nunha soa.

Consellos para facer as fotos de cara a clonarse:

- Usa un trípode para que todas as fotos teñan o fondo idéntico. Se non tes, podes usar unha mesa, unha parede, o teito dun coche ou o que sexa. O importante é que a cámara non se mova. Tamén pode ser recomndable usar o disparador con temporizador para non mover a cámara ó pulsar o disparador.
- Se podes, usa o enfoque manual para que a cámara non cambie por sí mesma os parámetros de enfoque, variando así dunha foto a outra.
- De feito, axusta todo o que poidas manualmente, Balance de Brancos, Axuste de exposición... e sobre todo, non uses o flash.

No GIMP:

Apila todas as fotos en capas, unha enriba da outra.
Mediante máscaras de capa e usando o pincel negro e branco, vai amosando e ocultando partes das capas ata facer que todas as persoas aparezan na foto final. Podes xogar coa opacidade para ubicar ós suxeitos da foto. Se queres protexer unha parte concreta, usa as ferramentas de selección.

Combina as capas usando "combinar cara abaixo". Exporta, e listo!

Resultado:





FILTRO DE PASO ALTO


Imos a facer a simulación do filtro de paso alto en Gimp.
Este filtro pode atoparse tamén na forma de plug-in o scripts para instalar no propio ordenador.
Podes probar con ESTOS se queres, que fan uso do motor de scripts do Gimp, chamado graciosamente Script-Fu, facendo parodia do arte marcial.

Por suposto, esos plug-ins ou scripts necesitan ser copiados á carpeta de scripts do Gimp, cousa que non podemos facer na clase polo sistema de xestión dos ordenadores, pero sí nas vosas casas quen queira.

Para simular o efecto á man, podedes seguir este tutorial.

Para elo usaremos esta foto:





LIGHTPAINTING


O Lightpainting, ou "pintura de luz", é unha técnica moi colorista e vistosa que se basea na capacidade de capturar luz durante un certo tempo de determinadas configuracións das nosas cámaras.

As cámaras de fotografía teñen tres parámetros que influén nas condicións de captura da luz, que ó fin e ó cabo é o que son, capturas de luz.
Estos tres parámetros son a apertura do diafragma, que mide canta cantidade de luz entre facendo máis grande ou máis pequeno o burato polo que entra. A Velocidade de Obturación, que tamén é chamado Tempo de Exposición, e como o seu nome indica, refírese á cantidade de tempo que a cámara está recibindo luz para facer a foto. E por último o ISO ou sensibilidade, que mide a capacidade da cámara para facer unha foto con máis ou menos luz.
Todos estos tres parámetros son recíprocos, cando moves un, para que a foto sexa equivalente, has de mover os outros, especialmente no caso da obturación e apertura. Así, se baixo a apertura un punto, é decir, dígolle á cámara que pase menos luz, terei que aumentar o tempo de exposición un punto se quero un resultado equivalente entre as dúas situación. Idealmente a exposición correcta.

No caso do lightpainting o importante é o tempo da exposición (a obturación), a máis tempo, máis elaborados serán as pinturas de luz que poda facer, porque canto máis tempo a cámara permaneza capturando luz, irá recollendo todos os movementos e iluminacións que fagamos diante da cámara con fontes luminosas (fáciles de captar polo sensor).

E.. se non temos unha réflex ou cámara que nos permita os axustes da apertura e obturación á man ¿que fago?

Ben, as cámaras que probablemente teñades serán cámaras compactas, que entre outras características traen os determinados "Modos de Escena", que son configuracións preparadas para optimizar determinado tipo de situacións fotográficas. Os máis habituais son "Retrato", cunha imaxe dun rostro, ideal para favorecer as fotos a persoas, desenfocando o fondo e suavizando a pel, "Paisaxe", con icono dunha montaña, ideal para fotos de espacios abertos con boa nitidez, etc...

Para o Lightpainting o recomendable entre os modos de escena é sobre todo o modo "Fogos artificiais", representado cunha especie de asterisco que equivale a unha explosión pirotécnica.
Este modo o que fai é abrir o obturador entre 1 ou varios segundos, para que gravando fogos de artificio a cámara rexistre as estelas deixadas polas fiúscas.
No noso caso servirá para que capte a estela do lightpainting.

Se non tedes ese modo, podedes probar con modos nocturnos, case sempre representados cunha media luna para o nocturno a secas, e un corpo humano cunha media luna para o retrato nocturno, que neste caso dispara o flash.

Vaian aquí as seguintes recomendacións ou consellos:

 - Usa un trípode o unha superficie estable para evitar trepidacións da cámara ó moverse. Asimesmo, usa o disparador con temporizador se é posible, así poderás saír tí mesmo na foto e ademáis non moverás a cámara ó pulsa o disparador. A falta de trípode, improvisa. Apoia a cámara nunha mesa, no teito dun coche, encima dunha repisa, dun altavoz...

- Canta menos luz haxa no lugar, mellor. Pensa que todo o que se mova durante a foto sairá borroso na mesma. Se queres que unha persoa saia nítida, ou ben usa o flash ou ben fai que non se mova.

- Podes usar luces de chisqueiros, lanternas, pulseras luminosas ou fosforescentes, a pantalla do móbil... usa a túa creatividade.

- Lembra que tamén podes iluminar selectivamente a algo creando efectos especiais e de gran plasticidade.

Siguen algúns exemplos recollidos na rede:


















Este vídeo usa a técnica do Ligtpainting aplicada a un captor de vídeo





Un sinxelo tutorial:





E algúns enlaces de interese:

http://lightpainting.org/
http://www.xatakafoto.com/trucos-y-consejos/light-painting-dibujemos-con-la-luz
http://www.fotografiad.com/light-painting-dibujar-con-la-luz/

miércoles, 19 de noviembre de 2014

O Xogo da Semana: Cargo Bridge 2

España do ladrillo, a construcción sempre foi un sector puxante no país, orixe de decenas de figuras ben peculiares, os constructores, ejem...
Emula o seu traballo, porque se non fuches quen de superar o Cargo Bridge agora ven o:



CARGO BRIDGE 2


lunes, 17 de noviembre de 2014

PracTICa 09: GIMP: Efecto DRAGAN

EFECTO DRAGAN


Andrej Dragan é un fotógrafo especializado en retratos que desenvolveu unha forma moi especial de tratamiento das imaxes que o fixo internacionalmente coñecido e imitado.

O chamado "Efecto Dragan" ou "Draganizado" modifica as fotos para engadirlle un dramatismo e unha intensidade moi especial, como poderedes ver na súa web persoal.

Como bo artista, nunca explicou o séu segredo, pero moita xente desenvolveu métodos cos cales achegarse ós séus resultados.


Imos a ver como simular o seu sistema de traballo usando o Gimp. Para iso é necesario haber dominado a aplicación do filtro de paso alto que vimos na actividade anterior.


PASOS A REALIZAR:

1- Abrimos a imaxe e a duplicamos dúas veces. Ocultamos a capa de abaixo de todo para non modificala (Será a nosa imaxe orixinal)

2- Imos a enfatizar a mirada. Para elo escollemos o modo de fusión "pantalla", e utilizaremos unha máscara de capa para que o efecto só se aplique ós ollos.

 Cando estemos satisfeitos co resultado combinaremos as dúas capas.

3- Duplicamos de novo a capa resultante. E sobre a capa de arriba aplicaremos o efecto de Paso Alto que vimos no exercicio anterior. Pódese facer a man ou ben cun plug-in especializado. Se non, podemos usar o filtro "Máscara de desenfoque"

4- A capa co filtro de paso alto ímola combinar coa de abaixo no modo "claridad fuerte". Usaremos unha máscara de capa para aplicar o efecto ás zonas que nós queramos da fotografía.

5- Imos a desaturar a capa de abaixo. Facemola visible e imos a Colores- Desaturar.

6- Combinamos todo e listos. Opcionalmente poderemos crearlle un viñeteado, que se pode facer de varias formas que xa vos explicarei.

Fotos coas que experimentar



Exemplo feito en clase:

lunes, 10 de noviembre de 2014

O Xogo da Semana: Cargo Bridge

Hoxe usaredes o voso inxenio para construir pontes xogando ó clásico


Neste xogo teredes que construír pontes que soporten o paso dos obreiros e a súas caixas. Tenta facer a ponte máis forte empregando o mínimo diñeiro posible.


O Xogo da Semana: The Eyeballing Game

The eyeballing game é un xogo de precisión man-ollo, é dicir, que mide a destreza coa que somos capaces de calcular determinadas abstracción xeométricas.

Está en inglés, pero enténdese moi ven, porque é basicamente visual.

O que hai que facer é moi sinxelo.

Hai tres rondas consecutivas nas que hai que:

1. Axustar dous lados movendo un vértice para que a figura resultante sexa un paralelogramo (figura con lados paralelos dous a dous)

2. Atopar o punto medio dun segmento.

3. Bisecar un ángulo. É dicir, que a liña que sae do vértice o divida en dúas partes iguais.

4. Atopar o punto que está equidistante (é dicir, á mesma distancia) de cada un dos lados do triángulo.

A medida que se fan as rondas vaise obtendo unha puntuación, e unha estadística final. reta ós teus amigos a ver quen ten maior precisión.

Se te atreves, claro.

martes, 4 de noviembre de 2014

Practica 8: Tilt And Shift, Carte de "Se busca", Retrato fondo clon

Subir fotos feitas simulando o uso dunha lente descentrable (tilt and shift) mediante o programa Gimp, e tamén outra foto procesada a través do simulador que nos ofrece a páxina tiltshiftmaker .
Isto crea un efecto que se deu en chamar "Efecto miniatura ou maqueta".
Podedes atopar exemplos aquí




Tamén subiremos a foto dun retrato de persoa simulando un cartel dos vellos "Búscase" (Wanted) usando diferentes modos de fusión de capas coa imaxe e o texto. Como no exemplo:

Por último, colleremos un retrato fotográfico e duplicando a imaxe, escalamos e desenfocamos o fondo, integrando as dúas capas cunha máscara, de xeito que quede similar á foto do exemplo.


miércoles, 29 de octubre de 2014

O Xogo da Semana: Screw the Nut


Preséntovos unha saga que recolle a máis grande historia de amor do videoxogo.
Descubre as desventuras dos máis aventureiros e amorosos namorados: rosca e parafuso.




Destrúe os obxectos que se interpoñen no camiño que levará a Rosca a atoparse con seu querido Parafuso.

Non apto para corazóns sensibles.

viernes, 24 de octubre de 2014

PracTICa 07: Foto de MEDO, Zombie



Na Biblioteca organizamos, como cada Samaín, un concurso de Relatos de Medo, Fotos de Terror e Cabazas decoradas.

Dende TIC teredes que participar no Concurso de Fotos de Medo cunha ou varias fotos.



Déixovos o tutorial que fixen en GIMP para que recordedes os pasos para facer unha cara zombificada, que tamén é parte da práctica para clase, ainda que non ten que ser necesariamente a foto de medo que fagades.

É decir, tedes que facer unha foto de medo e unha de zombies, e subilas ó Blog. Respecto ó concurso, podedes entregar unha ou dúas de esas fotos, iso vai ó voso criterio.



O Xogo da Semana: Castle Destroyer

Unha nova semana máis imos dispoñer dun tempo de ocio para agudizar as neuronas, que falta nos fai.
Neste caso, trátase dun xogo dos que se chaman de "deconstrucción", no que trazaremos co cursor unha línea que pode cortar os bloques presentes en cada nivel, de xeito que consigamos que a construcción se derrumbe por debaixo da líña horizontal marcada.

Dependendo do nivel poderemos utilizar un corte ou máis.

A ver quen e quen de completalo ¡Eu xa o fixen!

Veña, a darlle ó Castle Destroyer


miércoles, 15 de octubre de 2014

PracTICa 06: GIMP. Desaturado selectivo. Coloreado de fotos antiguas.

Desaturar é eliminar a información cromática, é decir, a información da cor. Usaremos o GIMP para facer unha desaturación selectiva e logo empregaremos máscaras de capa para destacar mediante a cor un elemento.
Iso chámase desaturación selectiva, e é un recurso ideal para salientar ou contrastar ó suxeito principal da fotografía.
Teredes que facer unha foto dun taxi de New York e unha foto máis de temática libre a escoller por vós, como pode ser unha flor, unha peza de froita, etc... Podedes subir todas as fotos que queirades.

O proceso é sinxelo.
 Duplicamos a capa, a capa superior a desaturamos  Colores->Desaturar.
Cunha máscara de capa de cor branco pintamos co pincel negro a zona que queiramos deixar en cor. Se nos equivocamos podemos retocar a máscara co pincel blanco.




_____________________________________________________


INSPIRACIÓN: Fotografías coloreadas.
Escolle unha fotografía clásica en branco e negro e coloréala usando o modo de fusión multiplicar pintando nunha capa transparente colocada sobre a foto orixinal.




Atoparalas AQUÍ



Manuais de GIMP

Aprenda GIMP a los tropezones é un ebook e libro online con consellos sinxelos para profundizar no manexo do GIMP.
É un libriño feito por Iris Fernández no 2012  e ten 33 páxinas.

Nesta canle de Youtube de hai unha serie de vídeo onde vos guían pola aprendizaxe deste editor de fotos.

E no sitio de Jesusda atopareden un bo feixe de leccións relacionadas.

100 fotógrafos que molan

En el Blog del Fotógrafo han hecho una recopilación con 100 entradas a autores realmente interesantes.

DISFRÚTALOS:

viernes, 10 de octubre de 2014

PracTICa 05: Formulario con Google Docs

Nesta práctica tes que facer un formulario e publicalo no teu blog.

O formulario tera que ter relación cunha das vosas asignaturas actuais.

Unha vez feito e publicado, compartídeo cos vosos compañeiros para que podas enchelo.

Aquí tendes un formulario de exemplo, cunha pregunta de cada tipo:


PracTICa 04: Presentación con Google Docs

Na seguinte práctica teremos que crear unha presentación online e incrustala no Blog.

A presentación terá que tratar sobre un tema que estudases nunha clase, deste ano ou doutro.
Para iso, teredes que escoller un tema, facer un resumo, pensar a maneira de dividilo en diapositivas e buscar ou xerar os gráficos necesarios.

O número mínimo de diapositivas será cinco, incluíndo a carátula. Na diapositiva final poredes a bibliografía ou cibergrafía utilizada para facer o traballo, os créditos e os agradecementos. Iso vos deixa dez diapositivas mínimas para por os contidos.

Os contidos poden ser imaxes e textos, debendo existir un equilibrio entre ambos.

Os textos deberán ser redactados por vós, en galego ou castelán, pero non facendo copiar e pegar da rede, pois iso suporá a anulación do traballo.

As imaxes deberedes citar de onde as sacades e poñelo na cibergrafía.

Os contidos serán maduros e ben formulados, sodes estudiantes da última etapa de secundaria e xa tendes un nivel, que se vexa.


PracTICa 03: Que uso lle das ó ordenador

Isto é un ordenador.

Segundo a definición trátase dunha máquina dixital e electrónica capaz de procesar información seguindo instruccións almacenadas en programas .

Esa definición tan fría faille pouco favor a este trebello que tanto usamos na nosa vida moderna, dende o uso personal ó uso máis social e global.

Nesta ocasión o traballo que vos pido é unha análise do uso que facedes no cotiá dos ordenadores. Cando chegas a casa, se tiveses todo o tempo do mundo. ¿Que uso fas do ordenador? ¿Úsalo para conectarte a redes sociais a través de internet? ¿Para redactar traballos ou buscar información? ¿Ver e ordenar as fotos? ¿Xogar? ¿Deseño? ¿Ve-lo periódico, escoitar música o ver unha película ou videos en streaming? ¿Descargar contidos?




Hai tantas e tantas cousas que se poden facer cun ordneador hoxe en día,... describe os usos que lle das, as razóns que te levan a facelo e as ventaxas e inconvintes que lle ves ó asunto.

Fala tamén da túa primeira experiencia cun ordenador, mesmo se lembras o primeiro ordenador que tiveches, si es que tes algún.
E describe tamén o que te gustaría aprender a facer cun ordenador, ou as posibilidades de futuro que lle ves.




Lembra coidar a redacción do teu traballo e darlle unha coherencia e extensión adecuada para ser un traballo dun nivel como primeiro de bacharelato.

Valoraranse as reflexións maduras e ben levadas, a corrección gramatical e o contexto xeral do escrito.

Publicaredes este texto, dunha extensión media, no voso blog, baixo o nome que ten esta mesma entrada. Lembrade elaborar un texto ó nivel que se se espera de vos coma alumnos de bachallerelato, cunha certa seriedade e corrección.


Ademáis, publicaredes este texto en forma de documento de google docs e o compartiredes cos compañeiros da clase e co profesor, de xeito que poidan ler, pero non editar.








miércoles, 8 de octubre de 2014

O Xogo da Semana: Screw the Nut

Preséntovos unha saga que recolle a máis grande historia de amor do videoxogo.
Descubre as desventuras dos máis aventureiros e amorosos namorados: rosca e parafuso.




Destrúe os obxectos que se interpoñen no camiño que levará a Rosca a atoparse con seu querido Parafuso.

Non apto para corazóns sensibles.

martes, 7 de octubre de 2014

Un Samain de medo



Aproximase o Samain, no equinocio de outono, a festa de todos os Santos e Defuntos.
Cando o velo que separa a nosa realidade do mais aló vólvese máis ténue e sutil, permitindo que os Aparecidos se manifesten.

Nesta tesitura, a biblioteca de Centro organiza tres concursos de medo cos que apaciguar ás almas en pena.



Animadevos a participar mentras poidades.




miércoles, 1 de octubre de 2014

O Xogo da Semana: Gluey

Axiña chegará a choiva e o mundo voltarase gris e aburrido...

Pois non nos deprimamos! Recurramos á explosión de cores que nos presenta o seguinte Xogo da Semana!!

Neste xogo teremos que eliminar ós bichocos xuntando os do mesmo color e pinchando neles. Complicarase pouco a pouco. A ver quen é o que o remata con maior puntuación.

lunes, 29 de septiembre de 2014

PracTICa 02: Geolocalización con google maps

Nesta actividade traballaremos co código HTML que sacaremos de google maps e a forma de presentar os mapas e rutas incrustados no Blog. Deberás enlazar e publicar no teu blog os seguintes recursos extraídos de Google Maps.

1- Un mapa coa posición da túa casa. Se queres manter ese dato na intimidade, usa a cambio o Concello, que ó fin e o cabo se lle chama "A casa do Pobo". O nivel de aproximación debe de ser suficiente como para poder guiarse polas rúas. No exemplo presento unha versión en mapa de satélite e outra en callexeiro.


2- A ruta dende o Concello de Boiro (ou outro lugar relacionado convosco) ata o destino internacional que sempre quixéchedes visitar. Dende as praias do caribe ós llanuras heladas de Siberia, pasando polas ruínas de Petra, Exipto ou Xerusalem... ou a exhuberancia urbana de New York ou Shangai. Escollede vos e mirade os datos relacionados.

3- Unha vista co motor "street view" dun monumento ou lugar famoso e reconocible.


Podes ver exemplos despois do salto.

miércoles, 24 de septiembre de 2014

PrácTICA 01: Insertar objetos

Neste primeiro exercicio teremos que crear unha entrada no blog onde insertedes imaxes, hiperligazóns e vídeos.

martes, 23 de septiembre de 2014

Bienvenidos al Blog de TIC del IES Praia Barraña 2014-2015

Benvidos ó Blog de Tic do IES Praia Barraña no curso 2014 2015, o meu nome é Pascual Vidal e agardo que volo pasedes moi ben e aprendades moito.