Utilizando o programa de deseño vectorial Inkscape faremos dous debuxos.
O primeiro só poderá debuxarse utilizando círculos e elipses ou a combinación resultante de sumalas, restalas, intesectalas, deformalas, etc...
O segundo será un debuxo libre utilizando todas as ferramentas que queiras. O recomendado é coller un debuxo ou imaxe de internet e poñelo debaixo de todo para ir calcándoo con vectores. (A esta técnica chámaselle rotoscopia)
Tamén teremos que facer unha combinación de texto e gráficos chamada caligrama, que soe usarse como recurso poético, e pode ser de contorno (o texto segue o camiño do trazo do debuxo) ou de dintorno (o texto enche o interior do debuxo (fluir no marco no inkscape). Un de cada.
miércoles, 28 de enero de 2015
martes, 27 de enero de 2015
Enquisa e material relacionado da charla do Prof Francisco Fernández Rivera da USC
Aquí tendes unha ligazón ó contido da charla. CHARLA
martes, 20 de enero de 2015
O Xogo da Semana: Mustache Time
Salva aos bolechos con mostacho de morrer precipitados ao vacío debuxando pedras onde poidan caer a salvo.
Ollo! A concentración de mostachos trastocou as leis da física e non todo é o que parece, amigo
Ollo! A concentración de mostachos trastocou as leis da física e non todo é o que parece, amigo
lunes, 19 de enero de 2015
Prácticas con Inkscape
- Fai unha ilustración empregando únicamente a ferramenta de círculos e elipses. Podes sumar, restar e facer todas os operacións que queiras antes de chegar ó resultado final. Logo exporta e sube a imaxe ó blog.
- Colle unha ilustración ou foto (mellor un debuxo, será máis doado) e debuxa os trazados por riba ata que o copies a vectores. Logo exporta e sube a imaxe ó blog.
- Experimenta coas opcións de poñer un texto nun trazado e facer caligramas. Logo exporta e sube a imaxe ó blog.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)