miércoles, 28 de enero de 2015

PrácTICa 12: Inkscape. Debuxos con elipses e vectores. Caligramas

Utilizando o programa de deseño vectorial Inkscape faremos dous debuxos.

O primeiro só poderá debuxarse utilizando círculos e elipses ou a combinación resultante de sumalas, restalas, intesectalas, deformalas, etc...

O segundo será un debuxo libre utilizando todas as ferramentas que queiras. O recomendado é coller un debuxo ou imaxe de internet e poñelo debaixo de todo para ir calcándoo con vectores. (A esta técnica chámaselle rotoscopia)

Tamén teremos que facer unha combinación de texto e gráficos chamada caligrama, que soe usarse como recurso poético, e pode ser de contorno (o texto segue o camiño do trazo do debuxo) ou de dintorno (o texto enche o interior do debuxo (fluir no marco no inkscape). Un de cada.

martes, 20 de enero de 2015

O Xogo da Semana: Mustache Time

http://www.physicsgames.net/game/Mustache_Time.html



Salva aos bolechos con mostacho de morrer precipitados ao vacío debuxando pedras onde poidan caer a salvo.
Ollo! A concentración de mostachos trastocou as leis da física e non todo é o que parece, amigo

lunes, 19 de enero de 2015

Prácticas con Inkscape

  • Fai unha ilustración empregando únicamente a ferramenta de círculos e elipses. Podes sumar, restar e facer todas os operacións que queiras antes de chegar ó resultado final. Logo exporta e sube a imaxe ó blog.
  • Colle unha ilustración ou foto (mellor un debuxo, será máis doado) e debuxa os trazados por riba ata que o copies a vectores. Logo exporta e sube a imaxe ó blog.
  • Experimenta coas opcións de poñer un texto nun trazado e facer caligramas. Logo exporta e sube a imaxe ó blog.

lunes, 15 de diciembre de 2014

O Xogo da Semana: SUGAR, SUGAR

Despois de tanto traballar co GIMP, imos a tomarnos unha pequena pausa botando unha partidiña, pero como isto é un Instituto e non unha sala de xogos imos a divertirnos cun xogo que nos axude a desenvolver a compresión das leis físicas, a paciencia e a destreza mental.

Nesta ocasión presentamos SUGAR, SUGAR, un xogo baseado no uso de física de dinámicas e de partículas no que poderemos debuxar co rato unha serie de liñas sobre as que resbalarán centos de grans de azucar que caen da punta da coma que separa as letras "Sugar, sugar" (azucar, azucar).

Este xogo foi elexido polos compañeiros do ano pasado como "Mellor Xogo de Tic do ano"

A nosa misión será levar os grans de azucar ata as tazas, que se irán enchendo a medida que diminúa o seu número (a relación de grans que absorbeu). Tamén poderemos colorealos facendoos atravesar unhas barreiras de enerxía.

Este xogo require certa paciencia e habilidade de planificación.

Adiante. Serás quen de rematalo? Queres unha taza de azucar?

EXTRA:

Especial SUGAR, SUGAR NAVIDAD.

miércoles, 3 de diciembre de 2014

PracTICa 11: GIMP Planetoide



Utilización do filtro de coordenadas polares do Gimp para simular un planetoide a partir dunha paisaxe panorámica.

1.- Collemos unha foto panorámica coidando ben que exista un primeiro plano se demasiado detalle, un plano medio no horizonte e un fondo (de nubes, estrelas ou o que sexa). É importante imaxinar que a foto vai a encaixar o lado esquerdo co lado dereito, como se fixésemos un tubo cunha fotografía, e que os bordes coincidan ó máximo.

2.- Imos a Capa>Transformar>Desplazamento e desplazamos a imaxen no eixo X, que corresponde co horizontal, un número de píxels apropiado. Se a nosa foto mide 2000 px de ancho, podemos desplazala 1000 px, por exemplo. A idea é que a "costura" entre os bordes da foto sexa visible e traballable.

3.- Alternando o uso de pincel de sanear e o tampon de clonar, pulimos a costura ata facela desaparecer.

4.- Convertimos a foto en cadrada, aumentando o lado máis pequeno de forma que coincida con lado maior. Iso faise en Imaxe>Escalar a Imaxe. Temos que ter en conta que hai que romper o eslabón da cadea que mantén as proporcións.

5.- Dámoslle a volta á imaxe. Unha forma sinxela de facelo é rotándoa 180º, cousa que podemos facer por exemplo dende Imaxe>transformar>rotar 180º
NOTA IMPORTANTE: Se queremos, podemos saltar este paso, pero entonces teremos que desmarcar a casilla "Mapear dende arriba" no filtro do seguinte paso.

6.- Aplicamos o filtro de coordenadas polares, que é o terceiro do menú Filtros>Distorsións>coord polares.

7.- Xa casi está, agora só queda pulir a imaxe, enchendo os ocos cun fondo consistente.

8.- Adicionalmente, teredes que usar unha foto invertindo o efecto das coordenadas polares, de xeito que o ceo quede no interior do círculo, por exemplo, cun grupo de persoas.


Tamén podedes ver o videotutorial que fixen para explicar o efecto




miércoles, 26 de noviembre de 2014

Recursos gráficos gratuítos na rede

Open Clip Art Gallery. Un sitio web que contén unha inxente cantidade de deseños e gráficos vectoriais ofrecidos de forma libre pola e para a comunidade. O formato no que están os deseños é o formato libre SVG.

 Banco de Imaxes e Sons. Un espacio web do Ministerio de Educación e Ciencia que nos ofrece miles de imaxes vectoriais e de mapa de bits (asemade, sons e incluso vídeos) libres de dereitos de autor para que poidades empregar do xeito que máis os guste.

De logo a logo. Manual sobre o uso de Inkscape e centrado sobre as súas posibilidades no campo do deseño de logotipos realizado por Joaclint Istgud.

Brandnew. Páxina en inglés que amosa os cambios nos deseños dos logotipos de innumerable empresas, grupos, comercios, etc... ó longo do tempo.

Brands of the World. Páxina en inglés que recolle innumerables logotipos de marcas de todo o mundo. Se presentan vectorizadas e listas para usar.

Os 10 mellores logotipos nunha banda de rock segundo a revista Rolling Stone.

Vectors for Free. Unha extensa colección de imáxenes vectoriais gratuítas para empregar nas vosas creacións. En inglés.

Logotypes. Outra páxina repleta de logotipos das principais marcas do mundo. É unha páxina rusa, pero poño o enlace á súa versión en inglés. Xa ten os seus anos.

LETRAMANIA. Miles de tipos de letra para descargar de forma gratuíta. ___________________
Más índices:
También puedes probar en:

Yotophoto Free photos search engine