viernes, 20 de febrero de 2015

PracTICa 14: Deseño dunha tatuaxe

Para esta práctica usaremos o Gimp e o Inkscape.

1ª Parte- Deseñar a tatuaxe

Primeiro deseñaremos unha tatuaxe imaxinaria co Inkscape, pensando en que parte do corpo iría, que tamaño terá, cor, e todo iso.

Unha vez feito o deseño, exportaremos coa transparencia a tatuaxe en formato PNG.

Exemplo de tatuaxe dunha salamandra, que simboliza o lume na tradición


2ª Parte- Tatuar dixitalmente

Tras isto, editaremos unha foto nosa co GIMP modificando a xeometría da tatuaxe para que pareza real mediante as ferramentas Mover, Rotación, Inclinación, Redimensionar (Escalado) e Perspectiva, e os filtros do menú distorsiones.

Unha vez que temos a tatuaxe no sitio desexado, cambiaremos o modo de fusión da capa a multiplicar,   ennegrecer, dividir,... segundo o efecto buscado.

espalda onde iría a tatuaxe

Tatuaxe colocada

Máis tatuaxes

No hay comentarios:

Publicar un comentario